
A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza a 1ª Festa do Mexillón os días 20, 21 e 22 de xullo na parcela da rúa José Pereira Troncoso. Ademais do bivalvo, de 12:00 a 00:00 horas, tamén se poderá degustar polbo, navallas, empanada, churrasco, tortilla e pementos de Padrón. Haberá inchables para nenos e música en directo por Roberto Caco.