Ovalmi prepara a 7ª edición da Feira de Oportunidades “Portobelo” na Ramallosa

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Feira de Oprtunidades "Portobelo".

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), está a organizar a 7ª edición da Feira de Oportunidades do Val Miñor “Portobelo”, que se celebrará o domingo 12 de agosto no Parque da Ramallosa.

Dita feira de carácter multisectorial celébrase coa finalidade de promocionar os comercios da comarca, reforzar o contacto cos clientes habituais, xerar outros novos, así como liquidar stocks dos establecementos.

A feira contará con música ambiental e inchable para os máis pequenos durante todo o día, actuacións pola mañá, concerto pola tarde… Ademais coincidirá como é habitual coa celebración da 6ª concentración de dispositivos flotantes “Flota como Poidas”.

Dita actividade de dinamización comercial promocionarase mediante cartelería, cuñas de radio, así como en redes sociais. Os interesados en participar deben poñerse en contacto coa Asociación de Empresarios OVALMI, a través do teléfono 986 36 67 30 ou por medio do correo asociacion@ovalmi.com, antes do 27 de xullo.

Anuncios