Sin categoría

Marcando Pasos actúa na Praza do Concello de Baiona

A escola de baile “Marcando Pasos” celebra este martes 17 de xullo o seu Festival de Verán na Praza do Concello de Baiona a partir das 23:00 horas. Esta actividade está incluída dentro da programación cultural e de lecer Baiverán 2018 organizada pola Concellería de Cultura de Baiona.