Anuncios
Ticker de novas

A Comisión de Festas San Xosé de Prado organiza a súa II Ruta Cabalar

FOTO: PEPE COSTAS

O próximo fin de semana celebrarase a II Ruta Cabalar da Comisión de Festas San Xosé de Prado, na parroquia gondomareña de Morgadáns. A ruta será o sábado 21 de xullo con saída ás 16:00 horas desde o torreiro de festas, con parada na metade do percorrido para repoñer forzas. Á volta os participantes gozarán dunha estupenda cea con sorteos. A partir das 00:00 DJ Kani amenizará a festa. Xa o domingo haberá carreira de trotóns ás 11:30 e carreira de trote de cabalos do país ás 12:30. Tras unha comida a prezos populares que comezará ás 14:00 horas, celebrarase unha carreira silvestre e unha xincana paralela, ás 16:00 e 17:00 horas respectivamente. Para participar é necesario anotarse no bar da comisión ou no teléfono 630 94 72 98 antes do 18 de xullo. Pódese elixir entre bocadillo e consumición da ruta por 4 euros ou cea e petiscos da ruta por 15. Haberá zona de acampada.

Anuncios