Anuncios
Ticker de novas

Inscricións abertas para a 3ª Andaina San Roque de Camos

A Asociación Cultural “A Camoesa” organiza o vindeiro domingo 22 de xullo a súa 3ª Andaina San Roque de Camos, con saída ás 9:30 desde o Torreiro das Festas e con regreso previsto ás 14:00 horas. O prezo da inscrición, que se abonará na saída, é de 5 euros, e inclúe seguro, bocadillo, auga, froita e agasallo. Quen queira comida no local da Comisión de Festas deberá abonar 15 euros.

As inscricións poden realizarse ata o 21 de xullo por WhatsApp no teléfono 661 921 026 (Jorge), enviando o nome completo, data de nacemento e número de DNI. O percorrido será de 12 quilómetros con dificultade media polos arredores do Val Miñor. Parte da recadación irá destinada á Fundación Alianza Española de Familias de Von Hippel-Lindau, para a investigación desta enfermidade.

Anuncios