Anuncios
Ticker de novas

Astarot actúa este sábado en Gondomar

O grupo galego Astarot actuará este sábado 14 de xullo en Gondomar. O concerto comezará ás 22:30 horas na Praza de San Bieito, organizado pola Concellería de Cultura. Astarot fúndase en Cangas do Morrazo no ano 1983 por catro rapaces dispostos a tocar versións Heavys nos locais que daquela eran o berce do Rock na comarca do Morrazo. Esa formación durou uns meses quedando só o fundador, Carlos Gandón (Guitarras e Coros), quen na actualidade está acompañado por Juan Antepazo (Voz), Carlos Rodal (Baixo), Loren Tevra (Guitarras e Coros) e Jose M. Piedra (Batería).

Anuncios