Anuncios
Ticker de novas

Alomenos unha candidatura para dirixir o Gondomar Club de Fútbol

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // O Gondomar CF celebrando o ascenso a Preferente no ano 2012.

Tras semanas de incerteza, alomenos unha candidatura presentarase o vindeiro martes na asemblea extraordinaria convocada pola Directiva en funcións do Gondomar Club de Fútbol. Así pois, a entidade centenaria da Vila Condal terá novo presidente e nova directiva que asegurarán a súa continuidade, extremo confirmado polo presidente en funcións, Alfonso Mandado, que declarou ademais que o proceso seguirá o seu curso normal, por se se dese o caso de que o día da reunión presentásense máis candidatos. Segundo puido saber ValmiñorTV, ao parecer, mesmo xa hai un secretario técnico e un adestrador elixido. A asemblea terá lugar no Centro Neural de Gondomar (edificio da Policía Local), ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00 en segunda.

Anuncios