Anuncios
Ticker de novas

Gondomar celebra a Festa da Música Tradicional

O Concello de Gondomar celebrará este venres 13 de xullo ás 20:30 horas a Festa da Música Tradicional xunto cos grupos Tradisón, Os Terribles de Donas e Cantares do Brión no Parque das Ánimas. A Concellería de Cultura, dirixida por Nuria Lameiro, e o Conservatorio Elemental de Música, pretenden xuntar aos grupos máis destacados da música tradicional de Gondomar, nun concerto encadrado nas conmemoracións polo 35 aniversario do centro. En caso de mal tempo, trasladarase ao Auditorio Lois Tobío.

Anuncios