Anuncios
Ticker de novas

A Asociación Chandebrito 1807 presenta o resultado das enquisas á veciñanza sobre o transporte

FOTO: CHANDEBRITO 1807 // O presidente da Asociación coas solicitudes e as enquisas na principal parada de bus da parroquia.

De conformidade ao acordo do pleno do Concello de Nigrán do 24.11.2006, e en relación ás diversas solicitudes presentadas pola Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 nese Concello dende hai máis de dez anos (a última, o pasado mes de abril), presentáronse no día de onte un total de 52 enquisas realizadas á veciñanza da parroquia de Chandebrito (o que supón máis dun 10 % da poboación) en relación aos desprazamentos fóra da mesma, coa finalidade do seu estudo e de que se realicen as oportunas xestións para a mellora do servizo de transporte público por estrada na zona, especialmente a través da ampliación do percorrido do bus urbano de Vigo dende o lugar de Fragoselo, en Coruxo; ademais doutras medidas, como a posible utilización dos viaxes dos autobuses escolares.

As 52 enquisas realizáronse durante maio e xuño deste ano entre persoas de todos os tramos de idade (2 menores de 18 anos, 5 de 18 a 25, 4 de 26 a 35, 14 de 36 a 45, 9 de 46 a 55. 14 de 56 a 65, 2 de 66 a 75 e 3 maiores de 75 anos), sexos, entidades de poboación e situación laboral (28 traballadores, 8 desempregados, 5 estudantes e 11 xubilados), ademais de 1 non contesta. O 100 % indicou que usaría o transporte público, e o 94 % que o destino habitual é Vigo.

Os desprazamentos con motivo laboral ofrecen estes resultados:

– Hora de ida:

7.00 7.30 8.00 8.30 9.00 9.30 10.00 10.30 11.00 11.30 12.00 12.30 15.30
3 2 10 2 4 2 3 0 0 0 1 0 1

– Hora de volta:

9.00 10.00 11.00 12.00 13.00 14.00 15.00 16.00 17.00 18.00 19.00 20.00 21.00
1 0 0 1 2 7 3 1 3 0 4 8 0

Estes datos, ademais da copia das enquisas, entregáronse tamén ás partes interesadas, e xa se mantiveron conversas con responsables do sector de transportes.

Anuncios