Anuncios
Ticker de novas

San Bieito congrega a miles de fieis en Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de San Bieito en Gondomar.

Gondomar celebra este mércores o día grande das súas festas patronais, dedicado a San Bieito, con miles de fieis, veciños e visitantes, que piden ao santo “máis milagreiro” a súa intercesión ante calquera problema de saúde. Desde as 7:00 ata as 21:30 horas celébranse continuas misas que enchen o templo parroquial durante toda a xornada. A solemne celebrouse ao mediodía, seguida da procesión acompañada pola Agrupación Musical de Belesar, que ofreceu ademais un pasarrúas e un concerto.

Como di a tradición, os devotos ofrecen aos santo ovos, que se teñen que pedir de casa en casa, xa que non vale compralos, aceite ou exvotos. Os ovos póñense á venda, e o aceite, despois de ser bendicido, distribúese en pequenos frascos e ofrécese aos devotos a cambio da vontade, para aplicalo nas zonas con problemas de pel ou para facer desaparecer verrugas. O que sobra destínase ás familias máis necesitadas.

Pola noite, a encargada de animar a festa será a orquestra Trébol.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios