Anuncios
Ticker de novas

Nova Xeira do IEM polo Camiño da Nosa Sra. do Norte en Gondomar

Este xoves 12 de xullo ás 18:30 horas terá lugar a terceira xeira de verán polo concello de Gondomar: “O Camiño da Nosa Sra. do Norte. Da Capela dos Remedios ao Pazo do Conde de Gondomar”, e que será guiada por Antonio Soliño Troncoso. O punto de encontro será no Auditorio Lois Tobío, e como en todas as xeiras deste ano, haberá dous intérpretes en lingua de signos para xordos.

Anuncios