Anuncios
Ticker de novas

Marine Instruments celebra en Nigrán o seu 15º Aniversario

Marine Instruments celebrou este fin de semana o seu 15º Aniversario nas súas instalacións do polígono empresarial de Porto do Molle en Nigrán. Foi un día divertido con música, tapas e mesmo un food truck. Familiares e amigos puideron visitar as instalacións e coñecer o traballo da empresa, dedicada ao deseño e a fabricación de equipos electrónicos principalmente para o sector pesqueiro. “Gustaríanos desde aquí agradecer a todos os nosos clientes por conseguir que cumpramos 15 anos e moitos máis”, sinalaron desde Marine Instruments.

 

Anuncios