
A Garda Civil detivo nas últimas horas a un home que podería estar relacionado coa morte de Carlos Bermúdez, responsable da posta en marcha no 2012 de Celta TV e director da canle durante catro tempadas, que apareceu a mediados da semana pasada inconsciente e cun golpe na cabeza no aparcadoiro da Palma en Baiona, e que faleceu este luns nun hospital vigués.
Ao parecer trátase dun veciño da Real
Vila que se atopa arrestado no Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán. Polo momento, non transcenderon máis datos. Este martes, algunhas fontes próximas á familia de Bermúdez, que tiña 47 anos, indicaran que se sospeitaba que o falecido fora atacado e agredido na cabeza cun obxecto contundente, como un bate ou unha botella.