Anuncios
Ticker de novas

Falece un home achado inconsciente e cun golpe na cabeza nun parking de Baiona

Un home que a mediados da semana pasada apareceu inconsciente e cun golpe na cabeza no aparcadoiro da Palma de Baiona faleceu este luns. Trátase de José Carlos Bermúdez, de 47 anos de idade e responsable da posta en marcha en 2012 de Celta TV. Segundo informou a Garda Civil, foi achado de madrugada, e ao parecer, trataríase dunha caída fortuíta. A investigación segue aberta para tratar de determinar as circunstancias do ocorrido.

Anuncios