Carlos Núñez inclúe a Baiona nos seus “Lugares Máxicos”

Carlos Núñez, un dos nosos gaiteiros máis internacionais, estará o venres 20 de xullo en Baiona coa súa xira “Lugares Máxicos”, un percorrido por recunchos emblemáticos de Galicia. O escenario elixido para o que será o seu terceiro concerto de verán é un enclave privilexiado, o Parador Nacional de Turismo “Conde de Gondomar”, situado na península de Monterreal, que ten fama de ser unha das fortalezas máis belas de España. As entradas para o espectáculo, que comezará ás 21:00 horas, poden adquirirse cun prezo de 25 euros máis comisións na páxina web de Ataquilla.

Anuncios