Nigrán ofrece o venres no centro da Ramallosa un concerto de Patricia Moon

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán, ofrece este venres ás 22:00 horas na Ramallosa (Alameda de San Campio) o concerto de Patricia Moon presentando o seu terceiro disco “Rock and Love”. A viguesa, recoñecida como unha das artistas máis eclécticas nacidas na comarca, mestura á perfección música clásica e rock con temas en inglés e, por vez primeira, en castelán. Moon estará á voz, violín e teclados acompañada dun batería, baixo e guitarra.

Rock & Love foi gravado en Bos Aires con Nelson Pombal e músicos de primeiro nivel internacional como o baterista Fernando Samalea (Andrés Calamaro, Jorge Drexler, Sabina, Charly García, Cerati, Benjamin Boule e un longo etc…). Patricia ten formación en violín, piano, canto lírico e composición, con estancias en Madrid, Berlín ou Boston para perfeccionar a súa técnica. Grazas a este gran nivel colaborou con artistas e bandas como Ken Stringfellow, The Posies, Matt Elliott, Los Piratas, Siniestro Total, Eladio y Los Seres Queridos, Fon Román ou El Gran Wyoming e Los Insolventes, ademais de formar parte da banda tributo a Amy Winehouse na xira “You Know I’m No Good Tour” en 2017. A maiores, estivo de xira en Europa, Asia, Latinoamérica e Estados Unidos tanto como solista como formando parte de orquestras ou bandas doutros músicos.

Anuncios