Anuncios
Ticker de novas

Meira e Murado vencen un Rally Sur do Condado marcado pola desgraza

A quinta cita do Campionato Galego de Rallies tivo lugar este pasado sábado nas inmediacións de Salvaterra do Miño, con motivo do Rally Sur do Condado. Unha proba marcada polas altísimas temperaturas, e que quedou condicionada polo terrible accidente ocorrido no cuarto tramo, cando o vehículo nº 29 saíase da estrada e atropelaba a un espectador, que perdía a vida.

A esas alturas, Alberto Meira xa estaba a disputar o quinto tramo e situado á fronte da clasificación xeral, cunha vantaxe que soubo administrar ao longo da tarde, para converterse en vencedor desta proba e afianzar as súas opcións na loita polo título, culminando esta carreira por diante de Víctor Senra e Javier Pardo.

No podio, situado fronte ao Concello de Salvaterra, Meira declaraba que “xa nos tocaba gozar da vitoria, pois se nos estaba resistindo, e tivo que ser aquí, correndo moi preto de casa e da nosa xente. Desafortunadamente hoxe non podemos estar do todo felices, pola terrible desgraza que sacudiu a un afeccionado, e con iso a todos os que amamos o automobilismo. Un abrazo a toda a familia de Antonio González”.

A próxima carreira da tempada será o Rally Botafumeiro, previsto para finais do mes de agosto en Santiago de Compostela.

CLASIFICACIÓN RALI SUR DO CONDADO

POS PILOTO-COPILOTO VEHÍCULO TEMPO
Meira-Murado Mitsubishi Lancer Evo X 1:05:36.8
Senra-Vázquez Ford Fiesta R5 1:06:22.9
Pardo-Pérez Suzuki Swift N5 1:06:23.3
Pérez-Gándara Renault Clio R3 1:08:57.3
Iglesias-Iglesias Ford Fiesta N5 1:09:45.2

(Ata 80 clasificados)

2018-07-09 - Meira - Rallye Sur do Condado 2018a

Anuncios