Este luns 9 de xullo ás 23:00 horas comeza o ciclo “Cine na Praza”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018 organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona. O primeiro título que baioneses e visitantes poderán ver na Praza do Concello é “La Bella y la Bestia”, protagonizada por Emma Watson, Dan Stevens, Luke Evans, Kevin Kline, Emma Thompson, Ewan McGregor, Josh Gad, Ian McKellen, Gugu Mbatha-Raw, Audra McDonald, Stanley Tucci, Hattie Morahan, Adrian Schiller e Chris Andrew Mellon
Adaptación en imaxe real do clásico de Disney «La Bella y la Bestia”, que conta a historia de Bella (Emma Watson), unha moza brillante e enérxica, que soña con aventuras e un mundo que se estende máis aló dos confíns do seu pobo en Francia. Independente e reservada, Bella non quere saber nada co arrogante e engreído Gastón, quen a persegue sen descanso. Todo cambia un día cando o seu pai Maurice (Kevin Kline) é encarcerado no castelo dunha horrible Besta, e Bella ofrécese a intercambiarse co seu pai e queda recluída no castelo. Rapidamente faise amiga do antigo persoal do lugar, que foi transformado en obxectos do fogar tras unha maldición lanzada por unha feiticeira.

