Anuncios
Ticker de novas

Javier Merino será o novo adestrador do primeiro equipo do Baíña

Javier Merino.

O Baíña Fútbol Sala pecha a tempada coa Asemblea de Socios. A directiva do club baionés e o seu coordinador deportivo, Daniel Alvárez, pecharon onte no Liceo de Baiona a tempada 2017/18 presentado un resumo desta campaña e todas as actividades levadas a cabo nos últimos 12 meses. Tamén se aprobaron as contas e o orzamento de fronte a próxima campaña por parte do tesoureiro Javier Domínguez. Pola súa banda, Santiago Rodríguez, presidente do club, presentou o proxecto para as seguintes tempadas nas cales o club quere seguir crecendo e traballando na formación deportiva e persoal de todos os seus xogadores. A nivel de base, Daniel Álvarez seguirá sendo o máximo responsable e xa se abren as inscricións para todos os nenos e nenas que queiran unirse ao Baíña. Todos os interesados xa poden reservar a súa praza no teléfono 617 902 730 para a tempada que arranca en setembro.

En canto ao equipo sénior, Javier Merino será o novo adestrador do primeiro equipo. Con esta incorporación o club espera dar un salto de calidade grande, xa que Merino é un dos mellores técnicos a nivel galego, con ampla experiencia en ligas preferentes, ligas galegas e seleccións. Trátase sen dúbida dunha gran incorporación xa que Merino é un dos mellores formadores de xogadores como o leva demostrando desde fai máis dunha década sacando aos mellores xogadores de Vigo.

Anuncios