Anuncios
Ticker de novas

A baionesa Silvia Marcote sóbese ao podio por partida dobre

dav

Este fin de semana celebrouse a II Tirada de Campo Meigarco – Concello de Redondela. A proba desenvolveuse o sábado no circuíto redondelán cun total de 31 participantes. Este tipo de probas son novas en Galicia, onde no canto das dianas son figuras 3D, dianas formato papel circular sobre parapeto con diferentes tamaños segundo as distancias para disputar. Durante esta tirada, a baionesa Silvia Marcote mantivo a súa terceira posición como sénior, mellorando notablemente a súa puntación con respecto á anterior proba.

Á súa vez, este domingo celebrouse o I Open Arquero Outdoor 3D Concello de Soutomaior, onde Silvia Marcote proclamouse campioa cadete na modalidade de Arco Tradicional. Unha proba na que o seu formato é moi similar ás dúas últimas realizadas, pero con moitos tiros técnicos e desde posicións pouco habituais e complexas. Silvia conseguiu nesta proba mellorar a súa puntuación en relación ás anteriores probas 3D en 34 puntos.

burst

burst

Anuncios