XVII Festival de Bandas da Agrupación Musical de Vincios en Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Concerto da Agrupación Musical de Vincios na Praza do Concello de Gondomar.

A Agrupación Musical de Vincios celebra este sábado 7 de xullo ás 21:00 horas no Parque da Coelleira en Gondomar o seu Festival de Bandas, que cumpre a súa XVII edición. Este ano contarán coas actuacións da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, a Banda de Río Tinto de Portugal e a Banda da Agrupación Musical de Vincios. Ademais, neste festival terá lugar a presentación de Adrián Viñas como novo director da Banda da Agrupación Musical de Vincios.

Anuncios