A Mancomunidade do Val Miñor abrirá novamente este domingo o proceso de selección de seis postos de traballo de socorristas ampliables ata quince co obxectivo de mellorar o servizo nas praias de Nigrán e Baiona. Este é o cuarto procedemento iniciado dende o mes de maio pola Mancomunidade e ata agora permitiu a contratación de 11 socorristas que desenvolven xa o seu traballo nos areais dos dous municipios xunto a Protección Civil. O obxectivo desta nova convocatoria é ampliar o número de profesionais de salvamento ata 35. Os interesados dispoñen ata o 12 de xullo para poder presentar a súa solicitude. Dende a Mancomunidade ofrécese un contrato de dous meses de duración, de 37,5 horas semanais e unha retribución de 1.161,34 €. Toda a información sobre o proceso e o modelo de instancia pode ser consultado na web www.baiona.org no apartado de “Emprego”.
A Mancomunidade do Val Miñor abre o seu cuarto proceso de selección para contratar socorristas

