Sin categoría

O programa “FalaRedes” leva Os Bolechas a Baiona

O concello de Baiona, pertencente á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta, acolle este sábado “Os Bolechas e o amigo Monte”, unha das actividades do “FalaRedes”, o programa de dinamización lingüística promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, da man dos irmáns animados máis coñecidos de Galicia. Será na Biblioteca Pública Municipal, ás 12:30 horas, con motivo da súa inauguración. A peza “Os Bolechas e o amigo Monte” está pensada para concienciar ás familias da necesidade de preservar os nosos montes a través dunha proposta que combina lingua, ecoloxía, lecer e a participación do público asistente.