O Partido Popular de Nigrán celebrou ás 20 horas de onte unha reunión a porta pechada na súa sede do municipio para dar a coñecer ao seu novo candidato, o empresario nigranés Carlos Abal Valverde, e á que acudiron os integrantes da executiva, o propio Valverde, ademais do presidente provincial, Alfonso Rueda, e o coordinador comarcal, Jesús Vázquez Almuiña.
Fontes próximas ao partido explicaron que nun principio a cita ía ser de carácter aberto para que tanto afiliados como simpatizantes puidesen coñecer de primeira man ao que competirá nas eleccións municipais de 2019 co actual alcalde, o socialista Juan González.
Finalmente e tras a filtración a un medio de comunicación da candidatura optaron por restrinxir o acceso. Segundo aseguraron este feito causou gran malestar nalgúns dos integrantes da agrupación, afiliados e simpatizantes do grupo político.

