Gala fin de curso do grupo de baile Giro’s en Baiona

FOTO: GIRO'S BAÍÑA

O grupo de baile Giro’s do Centro Cultural e Social de Baíña ofrecerá este sábado 7 de xullo a súa habitual gala de fin de curso na Praza do Concello de Baiona. Tamén participarán como invitados Giro’s Matamá e Giro’s Oia. O evento, que comezará ás 23:00 horas, está incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona.