Festa do Socio no Centro Cultural de Camos

A Asociación Cultural A Camoesa organiza este sábado 7 de xullo a Festa do Socio, con discoteca, sendeirismo, maquillaxe infantil, música, xogos, xincana, actuacións e exposicións. O evento comezará ás 16:30 horas no Centro Cultural de Camos, con acampada libre desde as 15:30 aberta a todo o público que queira inscribirse no 636 988 765. Ás 18:30 terá lugar a presentación da nova escola de baile Rainbow cunha exhibición de hip-hop, kizomba, moderno e ballet, ás 21:00 horas haberá un concerto de jazz con Off Room Trío e para finalizar, un xogo nocturno “procura do tesouro”. Os que o desexen poderán comer e almorzar reservando o menú no 617 059 764 (menú infantil 2,5 euros, menú adulto 4 euros e almorzo completo 2 euros).

Anuncios