Sin categoría

Ferido grave un home tras quedar atrapado baixo o tractor que manexaba en Gondomar

Un home resultou ferido de gravidade tras envorcar o tractor que manexaba no lugar da Barga, na parroquia de Donas do concello de Gondomar.

Debido a que, a vítima, segundo indicou a alertante ao persoal do 112 quedou atrapada pola máquina, foron precisos os medios de excarceración para a súa liberación. Por iso, nada mais recibir a chamada da alertante – dona da vítima- sobre as 12:00 horas deste mediodía, dende o 112 Galicia ademais de alertar aos servizos sanitarios, informouse aos Bombeiros de Baixo Miño, GES e Protección Civil de Val Miñor e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Ata o lugar tamén se desprazou un helicóptero medicalizado do 061-Urxencias Sanitarias, que tomou terra moi preto do lugar dende ocorreron os feitos.

2018-07-04 - WhatsApp Image 2018-07-04 at 20.04.12B