As patrullas mixtas da Garda Civil e a GNR portuguesa volven este verán a Baiona

Esta mañá a xefatura da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, representada polos comandantes Óscar Grañas e Álvaro Fernández, recibiron aos dous compoñentes da GNR de Portugal que patrullarán este verán coa Garda Civil os municipios costeiros de Baiona e Sanxenxo.

Por terceiro ano consecutivo, as patrullas mixtas de Garda Civil e GNR intégranse no dispositivo que establece o Plan de Turismo Seguro, no marco da Operación Verán, para reforzar as medidas de seguridade nas zonas de maior afluencia turística.

Estas patrullas teñen por finalidade facilitar unha atención policial de maior calidade á poboación de nacionalidade portuguesa que se atope de turismo en España, efectuándoa cunha maior rapidez e eficiencia ante calquera tipo de información que demande ou necesidade que puidese xurdirlle mentres permaneza no noso país.

2018-07-02 - 2GNR 2018

Anuncios