Iván Paterna e Brais Gil gañan o segundo campionato de scooter de Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Iván Paterna en Porto Scoot.

54 riders participaron este venres e sábado no segundo campionato de scooter “Porto Scoot”, organizado no complexo deportivo de Gaifar (Panxón) polo Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, un dos poucos eventos de patinaxe freestyle en Galicia e que reuniu aos mellores a nivel nacional.

En categoría Pro impúxose Iván Paterna. Álex Pérez foi segundo e Lautaro Limarieri terceiro, levándose ademais o premio ao Best Trick patrocinado por Cromoly. En Master o gañador foi Brais Gil, acompañado no podio por Majín Raposeiras e Ana Rascón, segundo e terceira respectivamente. Aitor Cabanelas ocupou o cuarto posto e Cristian Veloso o quinto.

O campionato arrancou o venres ao mediodía coas inscricións e adestramentos para renovarse o sábado cos adestramentos oficiais e roldas clasificatorias. O park montado polo Concello no complexo deportivo Dunas de Gaifar contou con minirampa, funbox, varios quarters e zona street, todo iso para garantir o máximo espectáculo. Os encargados da entrega de trofeos para os primeiros de cada categoría foron o alcalde de Nigrán, Juan González, e o concelleiro de Deportes, Luis Sanromán.

O evento finalizou cunha jam de hip-hop aberta a todo o público encabezada polo noruegués Marcio “Ratinho” Salvador, que veu directamente da súa última batalla en Bratislava.

Desde Porto Scoot dan as grazas ao Concello de Nigrán e á Deputación de Pontevedra, “por apoiar este evento deportivo e darnos a oportunidade de crealo”, así como a todos os colaboradores oficiais como Qguay.es, Slide, District Madd Gear, GRIT SCOOTERS, District España.

Tamén a todas as colaboracións que fixeron posible a entrega de todos os premios e agasallos. Concello de Nigrán, Bodegas Terras Gauda, Centro de Estética Nieves Durán, Area Sport Nigrán, Pizzería Pastelería Doña Elena, Kangaroo Idiomas, Cromoly, Polar Tecnología, Café Mandrágora, Eclipse, Topsoul, Neumáticos Anta, Globetrotters, Bricomax, Muffins, Duplicolor, Vilas, Camping Playa América, Construcciones Martínez, Ristorante Pizzería Capone, Mahou, Formateo, Freshpizza, Plaza Fitness, Construcciones San Esteban e Construcciones Enrique Hermida.

“Desde Porto Scoot queremos dar as grazas a toda a súa organización e colaboradores, a todos os riders que asistiron ao evento e a todo o público que se achegou ata o complexo deportivo Dunas de Gaifar, sen eles nada disto sería posible”.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.