A librería de Nigrán, Donde viven los cuentos, acollerá mañá a partir das 12:00 horas a presentación de “Zampacasas”, o último libro editado pola editorial infantil viguesa, Lobito Bueno, e escrito polo arquitecto Carlos Comendador. Trátase dun álbum ilustrado que fai homenaxe á arquitectura e ao urbanismo a través da historia dun monstro cunha fame insaciable polo ladrillo. A obra forma parte da colección de libros creativos do selo vigués, onde o lector é un autor máis da obra. A presentación constará dun contacontos e un obradoiro sobre arquitectura e urbanismo.
Artículos relacionados
“La Bella y la Bestia” inicia o ciclo “Cine na Praza” do Baiverán 2018
Este luns 9 de xullo ás 23:00 horas comeza o ciclo “Cine na Praza”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018 organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona. O primeiro título […]
Gondomar renumera e sinaliza todas as vivendas e inmobles do municipio
Tras meses de arduo traballo, Gondomar xa ten todos os seus inmobles numerados. Nunha primeira fase, realizouse un traballo de campo consistente na identificación de todas as vivendas e inmobles existentes no municipio. Posteriormente os […]
A área de Vigo rexistra un total de 817 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.744, deles 598 son da área da Coruña, 169 […]