Excarcerada unha muller en Gondomar

FOTO: PAULA DOMÍNGUEZ // Os servizos de emerxencia no lugar do suceso.

O 112 Galicia rexistrou un accidente en Gondomar, no que foi necesaria a intervención dos bombeiros para liberar a unha muller atrapada nun turismo. Sucedeu ás 20:20 horas de onte na rotonda da Avenida de Elduayen, onde unha colisión entre dous coches deixou a unha muller atrapada e provocou retencións no tráfico.

Así, tras a chamada dun particular, o persoal do 112 Galicia pasou aviso aos Bombeiros do Baixo Miño e aos membros do GES do Val Miñor para o rescate da ferida, que, unha vez liberada, foi evacuada ao hospital nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.

Finalmente, os servizos de emerxencias retiraron os restos do accidente da vía e restableceron as condicións de seguridade necesarias para reactivar o tráfico.

Anuncios