Sardiñada popular en Monteferro

Sardiñada en Monteferro.

O domingo día 1 de xullo celebrarase en Monteferro a tradicional sardiñada popular, organizada pola Comunidade de Montes de Monteferro. Unha xornada acompañada de sardiñas con pan de millo e viño e refrescos a prezos populares. A partir das 10:30 actuará o grupo de música e baile galego de Camos.