A Comisión de Festas San Roque e Libramento de Morgadáns organiza un torneo de futbito

A Comisión de Festas San Roque e Libramento de Morgadáns organiza un torneo de futbito os próximos días 6, 7 e 8 de xullo. Os premios, estipulados para 16 equipos, serán de 500 euros e trofeo para o primeiro clasificado, 250 euros e trofeo para o segundo e 120 euros e trofeo para o terceiro e cuarto. Haberá ademais trofeo para o máximo goleador, para o equipo menos goleado e á deportividade. As inscricións, cun custo de 100 euros máis 20 de fianza, poden realizarse no teléfono 627 579 629 (Diego). O sorteo será o mércores 4 de xullo ás 21:00 horas no local do Centro Cultural de San Roque.

Anuncios