Aprazada a Festa da Música Tradicional en Gondomar

O Concello de Gondomar informa que a Festa da Música Tradicional prevista para hoxe día 26 de xuño ás 20:30 no Parque das Ánimas, cos grupos Tradisón, Os Terribles de Donas e Cantares do Brión, queda aprazado polo mal tempo. En breve comunicarán a nova data do concerto. A Concellería de Cultura, dirixida por Nuria Lameiro, e o Conservatorio Elemental de Música, pretenden xuntar aos grupos máis destacados da música tradicional de Gondomar, nun concerto encadrado nas conmemoracións polo 35 aniversario do centro.