Esforzado podio para Alberto Meira e José Murado no Rally de Narón

Non comezaron ben as cousas no Rally de Narón para Alberto Meira: O venres pola mañá tiña lugar un tramo de probas, sen relevancia en canto á clasificación, pero que tería que servir ao piloto de Vincios para comprobar que todo estaba a punto para o rally: Non foi así, xa que despois dunha pasada polo tramo, facíanse evidentes os problemas co accionamento da caixa de cambios do seu Mitsubishi.

“A raíz do problema estaba no accionamento secuencial do noso coche – explicaba Meira – onde para subir e baixar marchas, basta accionar a panca cara a adiante e atrás sen necesidade de embrague. Pero ao funcionar adecuadamente, mesmo corriamos o risco de causar unha avaría moi grave. Por iso durante todo o venres o meu equipo traballou para deixalo todo solucionado. Estiveron sensacionais pero estes incidentes impedíronme rodar co coche antes da carreira. Empecei con cautela, comprobando que os problemas de freos que nos afectaron no anterior rally foron solucionados, pero ao termo da sección matinal picamos un pneumático. Con moito tempo perdido, tratei de conservar a terceira praza, que pensei podería mellorar se algún dos dous pilotos de cabeza sufría tamén outra picada. Non foi así, e ambos pelexaron ao segundo ata o final. Na próxima carreira espero podamos estar a pelexar con eles. De momento o campionato segue moi aberto”.

CLASIFICACIÓN RALI DE NARÓN

POS PILOTO-COPILOTO VEHÍCULO TIEMPO
Senra-Vázquez Ford Fiesta R5 1:08:02.793
Caamaño-Rodríguez Ford Fiesta R5 1:08:04.474
Meira-Murado Mitsubishi Lancer Evo X 1:10:21.017
Rey-Hernández Suzuki Swift N5 1:11:46.936
Pérez-Gándara Renault Clio R3 1:12:51.456

(Ata 82 clasificados)