Este sábado, día 23 de xuño, celebrarase a partir das 19:30 a Romaría de San Xoán na Granxa, Belesar. O programa previsto arrancará cunha Misa Solemne e a continuación, un pouco de música mentres se poñen as sardiñas ao lume. Tamén haberá churrasco e bocadillos para os nenos, ata fin de existencias. Ás 00:00 acenderase a fogueira, con máis música e un inchable gratuíto para os máis pequenos. Para finalizar servirase unha chocolatada.
Romaría de San Xoán na Granxa, Belesar

