Festival benéfico fin de curso da Asociación de Danza de Gondomar

A Asociación de Danza de Gondomar celebra este venres 22 de xuño a partir das 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío o seu festival fin de curso. Todos os bailaríns levan tempo traballando parta mostrar todo o aprendido e mellorado durante o curso. Contarán cos grupos invitados High Paw, MaiSon e AV Val do Fragoso. Ademais, será como é habitual un festival benéfico, no que os asistentes poderán voluntariamente colaborar, e todo o recadado, será doado integramente a Aldeas Infantiles SOS Galicia.