Sin categoría

Catro auxiliares incorpóranse á Policía Local de Gondomar

Gondomar reforza o persoal da Policía Local, que na actualidade conta con 9 axentes, coa contratación de catro auxiliares, que permanecerán no departamento ata finais do mes de decembro. Este martes foron presentados polo Xefe do Corpo, Obdulio Iglesias, ante o alcalde, Paco Ferreira.

Para cubrir as catro prazas de auxiliares de Policía Local presentáronse 18 candidatos. Despois de pasar as probas físicas e teóricas que se realizaron en maio, os catro aspirantes con maior puntuación incorporáronse no mes de xuño. Os novos auxiliares patrullarán o Concello de Gondomar e cooperarán nas tarefas de seguridade e tráfico durante seis meses.