Inscricións abertas para a novena edición da Travesía a Nado de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // 8ª Travesía a Nado Vila de Baiona.

O Concello de Baiona organiza o vindeiro sábado día 7 de xullo a novena edición da Travesía a Nado en colaboración coa Piscina Mancomunada do Val Miñor. O prazo de inscrición finaliza o mércores 3 de xullo ás 12:00 horas.

A proba organízase en varias categorías e distancias de carácter mixto: sub 12 – 100 metros (2006-2010) a partir das 11:15 horas na praia da Ribeira; sub 16 – 500 metros (2005-2002) ás 11:30 h tamén na praia da Ribeira, e adultos (1979-2001) e veteranos (1978) cunha distancia de 1.800 metros e saída ás 12:00 horas dende a praia da Barbeira e chegada na Ribeira.

Establécense trofeos para os tres primeiros clasificados, tanto en categoría masculina como feminina. Tamén haberá clasificación absoluta e clasificación para os participantes censados en Baiona e entregaranse agasallos e avituallamentos a todos os participantes a través dos patrocinadores e colaboradores: Coca Cola, Arena, Carrefour, Cardio Bayona, Frutas María Vilar, La Caixa, MRCY de Baiona, Parador Conde de Gondomar, Protección Civil, WetSports Ladeira, Waira e Portos de Galicia.

Para formalizar as inscricións deberán dirixirse fisicamente ao Pavillón Municipal de Baiona, á Piscina Mancomunada do Val Miñor ou través da plataforma informática de www.championchipnorte.com. Establécense os teléfonos de información 986 356 558 – 986 353 677 ou tamén a través do correo deportes@baiona.org e piscinavalminor@serviocio.es.

Anuncios