Anuncios
Ticker de novas

Gondomar e Nigrán, na lista para acoller aos migrantes do Aquarius

350 concellos se atopan xa preparados para acoller aos migrantes do Aquarius. A cifra segue a aumentar desde que a comezos da semana pasada, a FEMP, a petición do Goberno de España, iniciase a súa actuación de coordinación de propostas de acollemento de municipios españois. Entre eses municipios están Gondomar e Nigrán.

Así o asegurou o presidente da FEMP, Abel Caballero, tras a reunión que esta mañá mantivo con altos cargos representantes das ONG’s Cruz Vermella, ACCEM e CEAR, un encontro no que se articularon os protocolos a seguir para completar o acollemento e que, segundo o presidente, “serviu para poñer en común a actuación das tres organizacións e algunhas outras que se van contactar, para ir conxuntamente cos concellos e coa coordinación do Goberno de España. As ONG’s dirán, sobre ese listado, en que concellos teñen capacidade de actuación. “Nós poñeremos en coñecemento a oferta adicional que fai cada municipio para actuar xa de maneira concreta” porque, explicou “todos sabemos que o acollemento no é so un lugar de residencia. É tamén atención social, atención médica, o contexto no que se vai desenvolver a súa vida”.

Na reunión desta mañá participaron o director de migracións de Cruz Vermella, Javier Sánchez Espinosa: o presidente de CEAR, Carlos Berzosa; a coordinadora estatal da área de acollida desta organización, Áliva Díez e a súa directora de programas, Mónica López. En representación de ACCEM acudiron a directora xeral, Julia Fernández Quintanilla e o subdirector, Enrique Barbero Rodríguez.

O presidente da FEMP anunciou que acababa de informar á ministra de Administracións Públicas das propostas recibidas e que onte remitira á vicepresidenta a relación de ofertas recibidas. “Significa que estamos todos no camiño para a coordinación e o perfecto funcionamento” e lembrou a inmediata resposta dos concellos españois tras o anuncio realizado polo presidente do goberno ao coñecerse a situación dos migrantes do Aquarius.

“Acolleremos a aqueles que o Goberno de España nos diga que queren estar nas zonas e no ámbito español” e “poderíamos acoller a moitos centos” asegurou Caballero, que explicou que, dos 350 municipios acolledores, 50 xa tiñan remitidas as fichas cos recursos dispoñibles.

Trátase de 350 concellos nos que viven case 20 millóns de persoas, “unha cifra que segue crecendo e que da idea da magnitude da resposta municipal”. “Unha oferta extraordinaria que quero recoñecer e agradecer infinito, porque amosa unha actitude que dignifica a este país”. “Hai ofrecementos de concellos moi pequenos. Seguiremos traballan do en contacto moi estreito coas ONG’s e co Goberno de España e o faremos ao ritmo que os marque o Goberno”.

Anuncios