Un home de 58 anos veciño de Gondomar, Ángel M.C., resultou ferido de gravidade logo de impactar coa súa motocicleta contra un vehículo, segundo informou a Garda Civil de Ourense. O sinistro tivo lugar ás 11:45 horas deste domingo no quilómetro 601 da estrada N-120, no termo municipal de Melón.
O accidentado pilotaba unha moto CBR-100 e, a consecuencia do impacto, tivo que ser trasladado por Urxencias Sanitarias 061 ao CHUO con feridas de gravidade. Ata o lugar desprazáronse dúas patrullas de motoristas do Destacamento de Tráfico de Ourense e un equipo de atestados que investiga as causas do accidente.
O ocupante do turismo, un Citröen Xantia, José Q.V., de 52 anos e veciño de Ribadavia, resultou ileso.

