Anuncios
Ticker de novas

Ferida unha muller no curro de Morgadáns

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Curro de Morgadáns.

Unha muller resultou ferida este domingo durante a celebración do tradicional curro en Morgadáns (Gondomar). Ao parecer, estaba sentada no chan cando foi golpeada por un cabalo que se descontrolou, precipitándose por un pequeno desnivel. A muller foi trasladada ao Hospital Povisa de Vigo con feridas, aparentemente, non graves. Ata o lugar desprazouse a Policía Local.

Anuncios