Sin categoría

Unha avaría no camión dunha orquestra provoca o corte dunha rúa en Nigrán

Unha avaría no camión da orquestra Israel, que actuou este sábado nas Festas de San Antonio de Vilariño, na parroquia de San Pedro da Ramallosa, en Nigrán, provocou este domingo que a rúa Padres Franciscanos permanecese cortada ata as 10:30 da mañá. A cabeza tractora avariouse sobre as 8:00 da mañá, cando o grupo abandonaba o lugar, quedando o remolque atravesado na calzada. A Policía Local de Nigrán encargouse de controlar o tráfico na zona ata que chegou o camión doutra orquestra para retirar o remolque e reabrir a rúa.

2018-06-17 - WhatsApp Image 2018-06-17 at 13.03.13