Anuncios
Ticker de novas

Segundo posto para Silvia Marcote na segunda proba da liga galega 3D

Este domingo disputouse a segunda proba da liga galega 3D nun marco impresionante situado no Monte San Alberto de Riveira, organizada polo Club de Tiro con Arco Arqueiros da Barbanza. Unha proba moi fácil de camiñar pero moi técnica, con tiros longos e figuras pequenas e con variedade de tiros ascendentes e descendentes cun total de 80 participantes.

Nesta tirada, do total de participantes na división arco recurvo instintivo categoría sénior feminino cando é cadete, a arqueira baionesa Silvia Marcote, do club redondelán Meigarco, conseguiu mellorar a súa puntuación con relación á primeira tirada celebrada no pasado mes de marzo, logrando un segundo posto, a tan só seis puntos da primeira clasificada, estando ademais en primeira posición na clasificación de liga pendente do resto de probas.

Á súa vez, o arqueiro baionés Benjamín Carneiro conseguía unha cuarta praza en Sub14 sen visor, gañando a tirada cunha excelente puntuación o tomiñés Adrián Millán. Excelente participación nesta categoría, moi importante para esta modalidade, xa que é o berce dos futuros arqueiros 3D e que poden desembocar noutras especialidades.

sdr

sdr

Anuncios