Anuncios
Ticker de novas

As poxas de San Antonio reúnen a 150 persoas en Camos

A parroquia nigranesa de Camos celebrou este domingo a Festa de San Antonio. Ás 17:30 celebrouse a Misa Solemne seguida de procesión, e ao finalizar, as tradicionais poxas. Unhas 150 persoas acudiron ao atrio da Igrexa de Santa Eulalia de Camos para asistir á poxa, a cargo de Carlos Riveiro. Adquiríronse unha parella de coellos, plantas a 15 e 20 euros, touciño entrefebrado, pezuño e cacheira de porco por entre 20 e 30, chegáronse a pagar ata 25 euros por unha botella de viño Mencía, e galos por 40 euros.

Anuncios