As poxas de San Antonio recadan 1.400 euros en Vilariño

Unhas 300 persoas acudiron este sábado ás poxas de San Antonio no barrio de Vilariño, na parroquia nigranesa de San Pedro da Ramallosa. A tradicional poxa, a cargo de Carlos Riveiro, recadou un total de 1.400 euros. Pagáronse 5 e 10 euros por melóns e cabazas, 10, 15 ou 20 por botellas de viño, entre 15 e 50 euros por plantas, entre 25 e 40 por brazos de xitano e galos, 35 e 50 euros por dúas caixas sorpresa, e ata 100 por un cordeiro e 105 por un porco.