Curso de DJ e obradoiro de percusión en Gondomar

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, organiza dúas actividades centradas na música para o mes de xullo. A música en todas as súas expresións é unha peza vital no desenvolvemento da mocidade, con ela foméntase a creatividade e a comunicación.

A primeira é un obradoiro de percusión que se vai levar a cabo do 9 ao 20 de xullo en horario de mañá no Auditorio Lois Tobío. O ritmo traballado co corpo, con instrumentos, todo o que nos rodea pode ser un instrumento en potencia.

Do 23 de xullo ao 3 de agosto porase en marcha un Curso de DJ, para os que o seu son as mesturas e a música electrónica este é o seu curso, recibindo a formación cun DJ profesional.

Con esta iniciativa a Concellería de Xuventude quere achegar á mocidade a aprendizaxe de distintas formas de facer música. As inscricións para participar nestes obradoiros será do 15 ao 28 de xuño. Máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Gondomar, teléfono 986 369 746.