
A Garda Civil recibiu ás 11:00 da mañá de hoxe aviso de que un visón americano estaba merodeando as vivendas no barrio da Pedra, na parroquia gondomareña de Morgadáns. Trasladada unha patrulla do posto da Garda Civil de Gondomar ao lugar, e, coa axuda dun veciño, procedeuse á súa captura por ser unha especie invasora prexudicial para o medio ambiente, sendo trasladado ás dependencias do Posto de Gondomar, onde foi entregado a un Axente Ambiental da Xunta de Galicia.