Anuncios
Ticker de novas

“Sons do Casco” volve tentalo este sábado

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Bloquinho Aperta no "Sons do Casco".

A choiva obrigou o pasado sábado a cancelar a 3ª Ruta Musical organizada polo Concello de Baiona e Aceba a metade de xornada. Este sábado, “Sons do Casco” volve en versión 2.0 cos grupos que non puideron actuar por culpa do mal tempo. O evento estenderase desde as 13:00 ata as 23:30 horas.

Un total de 8 grupos de diferentes estilos actuarán noutros tantos escenarios repartidos por diferentes recunchos da zona vella, como a Praza do Pai Fernando, a Fonte da Laxe e a Fonte de Zeta ou os xardíns da Casa da Navegación.

A xornada comezará ás 13:00 horas con Pacheco Bross. Despois actuarán Awen (13:45) e El Patio (14:30). Xa pola tarde será a quenda de Antelo Dúo (19:30), San Rockers (20:15), La Franga (21:00), Black Stereo (21:45) e La Polémica Banda dos Bechuchos (22:30).

SONS DO CASCO

 

Anuncios