Anuncios
Ticker de novas

As tradicionais “poxas” de San Antonio reúnen a 200 persoas en Vincios

A parroquia gondomareña de Vincios celebrou este mércores a festividade de San Antonio. Ás 18:00 horas comezaron as tradicionais “poxas”, a cargo de Carlos Riveiro, que reuniron a unhas 200 persoas no atrio da capela de Santa Lucía. Dous galos e unha parella de pavos, orellas de porco e chourizos envasados ao baleiro ou dúas plantas foron algúns dos produtos que se poxaron por entre os 15 euros e os 25 euros. Ás 20:30 celebrouse a Misa Solemne e ao finalizar, a procesión.

Anuncios